En Aspontes.net      En google.es       
Xoves, 9 de setembro, 2010

CIR



Parroquia: As Pontes de García Rodríguez
Ano de fundación: 2004
Ámbito de actuación: SUPRAMUNICIPAL

Máis información:
No ano 2004 púxose en funcionamento , a iniciativa do Concello das Pontes de García Rodríguez, o "Centro de Iniciativas de Recursos para a Economía Social", centro que ten o obxectivo de promover os valores e habilidades emprendedoras mediante a formación e a educación, para:
-difundir a cultura emprendedora
-fomentar a creación de novas iniciativas empresariais no ámbito local.
O Centro está representado por diversas entidades do muncipio (Concello, Antena Cameral, Asociación de empresarios "Seara", Euroeume, Forga, Ies Castro da Uz, Ies Moncho Valcarce e Opyde), e está dirixido fundamentalmente aos xoves, colectivos en risco de exclusión social, ás empresas, e en xeral, aos emprendedores que teñan unha idea de negocio, tratando de inculcar esa "cultura emprendedora" (de crear empresas) dende os primeiros niveis do ensino.

Documentos relacionados

 
 

Ei, está pasando...

!!! AVISO URXENTE!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
30/06/2006 I CONCURSO DE IDEAS EMPRESARIAIS DAS PONTES
"PREMIOS EUROPEOS DE EMPRESA"
O CIR convoca o I Concurso de ideas empresariais

Máis novas en aspontes.net
 

Fai de aspontes.net a túa páxina de inicio

Usuario
Contrasinal
Queres rexistrarte? >>

Enderezo:

PARQUE MUNICIPAL, S/N

Teléfono:

981453183

Fax:

981453185
alejandra.pardo@aspontes.dicoruna.es

Horario:

7:30-15:00 horas; de luns a venres

Contactar:

Antena Cameral 981452086
Asociación empresarios "Seara" 981440729
Euroeume 981440729
Forga 981440668
Ies Castro da Uz 981451304
Ies Moncho Valcarce 981451351
Opyde 981033745

Organigrama:

Implantouse unha estrutura de goberno do Centro en torno a dous órganos fundamentais:
*A COMISIÓN PROMOTORA: na que están representadas a Antena Cameral, o Concello, Euroeume, Ies Castro da Uz, Ies Moncho Valcarce, Opyde, Asociación de empresarios "Seara" e Forga. A Comisión encárgase da toma de decisións estratéxicas, a aprobación do Plan de Xestión, a coordinación, o seguimento e a tracción do proxecto. Reúnese, ao menos, unha vez ao trimestre durante os dous primeiros anos.

*O GRUPO DE TRABALLO: no que a Comisión Promotora delega a execución das tarefas opoerativas, actúa de forma permanente. Nel intégranse, asimesmo, representantes das entidades implicadas no proxecto.