Centros socioculturais
As Pontes dispón de diversos centros socioculturais, nos que se desenvolven unha boa parte das actividades de lecer, culturais ou formativas programadas no municipio. Algúns destes locais, pertencentes ao propio Concello, ás parroquias ou ás asociacións que operan na zona, acollen ademais os telecentros creados ao abeiro do programa Vilas Dixitais. Convírtense así nun importante punto de encontro e intercambio de ideas.