En Aspontes.net      En google.es       
Mércores, 14 de maio, 2008

Conectividade

Malia as dificultades orográficas e ao feito de contar hoxe en día con numerosas liñas de telefonía TRAC, que imposibilitan o acceso a internet, e á espera de acadar o servizo universal, todas as parroquias das Pontes contan cando menos cun punto de conexión a internet. Esta é a situación actual respecto ás opcións de conectividade ao longo do concello:

Puntos públicos de conexión a internet

  • Aula de informática da Casa Dopeso. Conta con seis equipos e permanece aberta só durante os cursos organizados polo Concello, a Deputación da Coruña ou COGAMI.
  • Biblioteca, con tres terminais de conexión á rede e conexión inarámica.
    Horario: martes a venres, de 11:00 a 13:00 horas; luns a venres, de 16:00 a 20:00 horas e sábados, de 10:00 a 13:00.
  • 11 telecentros Vilas Dixitais, espallados polas parroquias do concello. Teñen entre un e tres computadores, conectados vía satélite.
O servizo de conectividade a internet nas Pontes é ofertado polos operadores Openor -cabo- e Telefónica-ADSL-, con conexión á banda ampla no casco urbano.

Outros puntos de conexión a internet de iniciativa privada nas Pontes son a rede /wireless/ da asociación de informática Amigus, que se extende por case todo o casco urbano, e os servizos ofertados polos cibers Nauta, UFI, Cibernia, situado na Avenida da Habana e Naza, situado na rúa Rosalía de Castro, 6 baixo.
 

Fai de aspontes.net a túa páxina de inicio

Usuario
Contrasinal
Queres rexistrarte? >>