A carta de presentación
A carta de presentación pode pode entregarse xunto co currículo. Serve para expoñer os motivos polos que o candidato desexa optar ao posto de traballo ofertado. Ademais pode supoñer unha vantaxe adicional, chamando a atención da persoa engargada de realizar a selección. Deste xeito é posible que lle preste unha maior atención ao currículo e concerte unha entrevista co solicitante.
A carta de presentación debe axeitarse en todo caso ao posto de traballo ofertado. Cómpre atender especialmente á súa redacción e extensión, que non debe exceder dun folio. A carta, que estará mecanografada –a non ser que a oferta indique o contrario- non se presentará grampada ao currículo.
Existen dous tipos básicos de carta de presentación:
- Carta en resposta a un anuncio: O envío da carta e do currículo responde a unha oferta de emprego publicada pola empresa.
- Carta de autocandidatura: Emprégase nos casos nos que o aspirante decide enviar directamente o seu currículo a unha empresa na que lle gustaría traballar, aínda que esta non publicara unha oferta concreta.
Modelos de cartas
Se o desexas podes descargar ao teu computador estes modelos de
carta en resposta a un anuncio e
carta de autocandidatura.
Os consellos para a redacción da carta de presentación, así como os modelos descargables, están baseados nos ofrecidos polo portal
GaliciaEmpleo.net e o
Concello da Coruña.
<< Voltar á páxina de emprego