En Aspontes.net      En google.es       
Venres, 10 de setembro, 2010

Normas de uso dos telecentros

1. Aínda que os computadores están destinados esencialmente a persoas maiores de 16 anos, os menores desa idade poderán facer uso dos equipos acompañados dun pai ou titor.

2. Non está permitido comer nin consumir bebidas na zona do centro habilitada cos equipos.

3. É necesario manter a limpeza do centro e o uso de papeleiras.

4. Está terminantemente prohibido acceder a páxinas web con contidos pornográficos, racistas, xenófobos, sexistas, violentos ou terroristas. Isto suporá, para a persoa que o incumpla, a retirada do carné de usuario e a conseguinte expulsión definitiva do telecentro.

5. Está terminantemente prohibido "baixarse" software. Cando se requira obter un programa ou aplicación deberá solicitarse autorización aos responsables do centro.

6. Está prohibida a instalación de calquera programa nos equipos. En caso de requerir a utilización de aplicacións informáticas diferentes ás instaladas, débese solicitar previamente aos responsables do centro.

7. O uso indebido dos equipos e as modificacións na súa configuración suporán a expulsión inmediata e definitiva do centro.

8. Existen prioridades de utilización para os equipos, previa presentación da ficha de solicitude existente. Os usos prioritarios son:

  • Proxectos de formación, teleformación e teletraballo.
  • Busca de emprego ou orientación profesional.
  • Realización de actividades académicas.
  • Autoaprendizaxe.
  • Acceso a portais e servizos da administración.

9. Cubrirase a ficha de solicitude correspondente, na que se indicará o tempo de utilización do equipo, o uso previsto e o nome ou número de usuario.

10. O horario e tempo máximo de utilización dos equipos serán especificados polos responsables de cada telecentro, en función da dispoñibilidade e uso.

11. A utilización da impresora, escáner, discos ou outros sistemas de almacenamento serán supervisados polos responsables de cada centro.

O incumplimento das normas anteriores poderá supoñer a retirada do carné de forma temporal, ou incluso definitiva, e a conseguinte limitación de acceso e uso do Telecentro.
 

Fai de aspontes.net a túa páxina de inicio

Usuario
Contrasinal
Queres rexistrarte? >>